OSCAR IBÁÑEZ

OSCAR IBÁÑEZ é un gaiteiro e frautista fascinante que realiza unha fusión musical sen límites partindo das raíces, a medio camiño entre investigación e creación, que ten como resultado un novo e único son.

Os seus comenzos tiveron lugar en distintos grupos de música tradicional cos que percorreu toda Europa, a docencia en máis de 10 países de Europa e América a través da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e na súa participación nos concursos de gaita galega de maior prestixio, nos que acadou máis de 40 premios tanto en dixitación aberta como pechada.

Despois dunha ampla formación musical académica participou en máis de 20 traballos discográficos, entre os que destacan ALÉN DO MAR (VIR, 2012) e AIRES DE PONTEVEDRA. Homenaxe a Ricardo Portela - 25 Aniversario Pasamento (Inquedanzas Sonoras, 2017) e publicou os libros-cd "OS MONTES DE LUGO" (Ouvirmos, 2007), "O QUINTETO MONTERREY DE JOSÉ POSADA. Nos xardíns da Tropical" (Dos Acordes, 2009) e "XOÁN TILVE GAITEIRO DE CAMPAÑÓ. Gravacións Históricas de Xosé Filgueira Valverde" (aCentral Folque, 2015). Dende 2004 traballa no Arquivo Sonoro do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra e dende 2006 impulsou e dirixiu diferentes espectáculos en Galicia e Cantabria como "MUSGAFOL", "ENCONTRO DE GAITEIROS MANUEL VILLANUEVA GAITAS DE FOL DO NOROESTE" ou "JUELLES: ENCUENTRO DE GAITAS EUROPEAS".

A súa banda de directo OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO está formada por excelentes músicos de longa e recoñecida traxectoria que formaron parte das bandas dos artistas máis destacados da música folk galega como Fernando Fraga, acordeón, Ioana Pérez, violín, Carlos Calviño, guitarra , Paco Dicenta, baixo e Andrés Vilán, batería e percusión.

Con esta formación OSCAR IBÁÑEZ levou a súa música por toda la península, Bretaña e Italia participando nalgúns dos festivais internacionais máis importantes como o Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña), Festival Capodanno Céltico (Milán), Festival do Mundo Celta de OrtigueiraFestival Intercéltico do Morrazo, Festival de la LuzFestival Folk de Guísamo, Festival Folk As Pontes (Galicia), Festival Internacional Celta Reino de León (León), Festival Folk Canarias (Gran Canaria), Festival Sauga Folk (Cantabria) ou o Festival Intercéltico d'Occidente (Asturias), entre outros.

Músicos