Coral Xan Mella

A Coral polifónica Xan Mella de Baio-Zas (A Coruña), un pobo de tan só 1000 habitantes, inicia os ensaios no outono do 2002 e xa leva case 200 actuacións por toda a xeografía galega, Asturias, León, Madrid e Portugal.

Ten dous discos CD gravados nos Estudos Mans de A Coruña onde se recolle unha escolma do seu ecléctico repertorio: canción galega, habaneras, polifonía litúrxica, panxoliñas, folclore internacional e música pop.

En setembro do 2008 gañou o primeiro premio no "II Certame nacional de masas corales de la avellana" en Infiesto (Asturias) competindo fraternalmente con afamadas corais de Cantabria, Galicia e a comunidade anfitrioa.

Ten participado nas cinco edicións do "Certame En Clave coral", seleccionada pola Fecoga e a Xunta de Galicia.

A profesora Tatiana Pankrátova, licenciada superior en dirección de coro pola Universidade Bielorrusa de Cultura é a súa directora fundadora.

Músicos