Dallasgracias

Dallasgracias é magnetismo, persoalidad, frescura.

Os galegos, armados cun arsenal de composicións íntimas e hipnóticas, xa levan demostrado a sua destreza para cautivar tanto ao público como á crítica no seu paso por salas e festivais de toda a xeografía peninsular.

"La increíble historia de la chica de Australia" (2014), grabado e mesturado nos Estudios Reno de Madrid baixo a produción de Martí Perarnau e Ramiro Nieto, deu o pistoletazo de saída a unha banda que non parou de medrar a pesares da súa curta traxectoria.

Agora, trala presentación do seu último traballo, "Enefene" (2016), o quinteto atópase inmerso en "Pánico y Gira", un tour de concertos por salas de Castela e León, Castela - A Mancha, Madrid, Navarra, Extremadura, Catalunya... e que tamén os levou ata o festival PortAmérica ou o Certamen Vila de San Adrián, entre outros.

“Enefene”, galardoado como “Mellor traballo autoproducido” nos Premios Maketón Los40 Galicia 2016, reafirma a Dallasgracias como unha das promesas da escena galega i estatal.
 

Músicos