2BEIRAS NewLusoGalaicoMusic

2BEIRAS NewLusoGalaicoMusic é un proxecto de música para percusión, coro e electrónica, con textos baseados en unha ampla cronoloxía literaria, desde as cantigas de amigo do século XII a poesía de última generación. Obras para unha formación peculiar e atractiva encomendadas polo percusionista Robertoliveira. Unha nova ponte sobre o Miño, en busca da materialización de un soño - realizar proxectos nos quais pobos irmáns traballan lado a lado, coa finalidade de deixar un valioso legado de novas músicas para a formación vocal, escritas por compositores actuais de primeira liña como os portugueses Tiago Derriça, Gonçalo Lourenço, e os galegos Andrés Álvarez e Rubén Vizcaino.

Literatura, tradición, dúas linguas de peso, percusión, coro e, en algunhas das obras, até a electrónica mais vangardista, forman unha coprodución creada polo mestre e compositor Gonçalo Lourenço e o percusionista Robertoliveira, baixa a estreita e atenta colaboración da Nova Ópera de Lisboa. 

Coro 
Coro da Nova Ópera de Lisboa

Solista 
Robertoliveira

Maestro
Gonçalo Lourenço

Compositores
Tiago Derriça, Andrés Álvarez, Gonçalo Lourenço, Rubén Vizcaino

Co-produção
Nova Ópera de Lisboa & Robertoliveira

Produção
Helena Neves, Bernardo Marques & Alexandra Bernardo

Management
Célia Machado

Músicos