DIÁSPORA Robertoliveira

DIÁSPORA novas músicas de aquí e de acolá e o segundo traballo discográfico de Robertoliveira de novas composicións para percusión e electrónica de compositores galegos e arxentinos. Un crisol de tradición e vangarda, con un ir e vir sonoro de diferentes texturas que dan forma a temáticas antigas; Naturalis Historia, obra baseada na enciclopedia escrita no s.I por Plinio o vello; ou Akompaña baseada nunha das lendas máis escalofriantes da tradición oral galega como e a santa compaña, levadas a linguaxe mais moderna da electroacústica. Novas Músicas Galego-Arxentinas brindando unha agarimosa homenaxe a tódolos emigrantes.

 

Robertoliveira [Salceda de Caselas 1979]. Percusionista especializado no comisionado e estreno de obras, especificamente para percusión, electrónica e arte visual sincronizado [música electroacústica] de novos compositores nacionais e internacionais, con unha posta en escena que se convirte en toda unha experiencia multisensitiva.

Robertoliveira completa os seus estudos de licenciatura en percusión no Koninklijk Conservatorium da Haia [Países Baixos]. Continúa seus estudos de "master in music performance/chamber music" na Royal Irish Academy of Music de Dublín [Irlanda], obtendo a distinción "First Class Honours” pola DCU Dublin City University. 

Realiza concertos como solista, tamén con ensembles contemporáneas e orquestras sinfónicas xunto a destacados artistas, directores e compositores actuais, en salas de concerto e festivais de países como Portugal, Francia, Bélxica, Holanda, Alemaña, Dinamarca, Noruega, Hungría, Italia, Chipre, Austria, Luxemburgo, Eslovenia, Eslovaquia, Suíza, Irlanda, Irlanda do Norte, Inglaterra, Marrocos, Arxentina, Brasil, México, Estados Unidos, Filipinas, Taiwán, China e Letonia.

Robertoliveira está considerado un dos artistas mais creativos, atrevidos e innovadores do panorama musical contemporáneo.

SOUNDCLOUD

Músicos