Ith

Ith, fillo de Breogán, é un príncipe celta que dá nome ao grupo que forman Miguel, Toxo, Folgueira, Gonzalo e Lucía. Este grupo de Xanceda (A Coruña) e arredores mantén o principio de facer rock galego en galego. Conta con máis de 15 anos de traxectoria musical, tres maquetas no seu haber, un disco gravado en directo, un en acústico, un DVD en vivo e dous álbums de estudio. Ao longo destes anos, realizaron numerosas actuacións pola xeografía galega, algunhas compartindo cartel e escenario con destacadas bandas do panorama musical como Los Suaves e Celtas Cortos. A música de Ith guíase por influencias de diversos grupos de rock, heavy ou pop, influencias que achega cada compoñente e que se aglutinan nas súas cancións.

Ith estrea o seu proxecto “Forte” (2015), traballo cheo de temas en galego, de composición propia, que navegan entre o rock e o pop máis enérxico. O álbum foi totalmente autoxestionado, dende a súa creación ata a gravación e os labores de edición.

A finais de 2017 comeza a ver a luz “O mínimo que o contén todo” (2018), gravado, producido e mesturado por Arturo Vaquero en Abrigueiro Estudios (Lugo). Seis temas de composición propia e un poema musicado polo grupo do poeta samanense Fiz Vergara Vilariño. Manteñen o espírito de facer rock galego en galego, aínda con novas ideas e sons que a banda quixo deixar plasmados. A temática das cancións vai dende a reivindicación, necesaria en toda sociedade, ata o máis puro sentimento e emoción. Ith é un príncipe celta que dá nome ao grupo que forman Miguel, Toxo, Folgueira, Gonzalo e Lucía. Este grupo de Xanceda (Mesía - A Coruña) e arredores mantén o principio de facer rock galego e en galego. Ó longo destes anos, realizaron numerosas actuacións pola xeografía galega. Algunhas delas, ademais, compartindo cartel e escenario con grandes bandas do panorama musical estatal como Los Suaves ou Celtas Cortos.

 

Contacto:

Ith.rock@hotmail.com

Tlfn: 619 343 329/680201492

Músicos