DOUS

DOUS son Pablo Carrera (guitarras) e Fernando Abreu (clarinetes), dous coñecidos músicos galegos que neste proxecto a dúo crean un universo sonoro cheo de arrecendos a músicas lonxanas e cercanas procurando a difícil tarefa de emocionar sen palabras.

DOUS tamén son Marcos Vázquez á batería e Pablo Pérez ao contrabaixo, músicos excepcionais que colaboran co seu arte neste proxecto habitualmente.

DOUS acaba de publicar o seu 3º traballo discográfico que baixo o título de "A viaxe de Yoyo" recolle un conxunto de composicións baseadas en diversas culturas musicais das que gustan os seus creadores. Con este novo traballo veñen de ser nomeados Finalistas dos XVII Premios Opinión de músicas de raíz nas súas tres categorías: Mellor tema orixinal por "Manani", Mellor disco e Mellor Artista.

A xira de presentación deste novo traballo comenzará no mes de abril de 2018.

 

 

 www.sondous.com

SOUNDCLOUD

Músicos