Cómo soan os poemas

No repertorio vocal galego, hai unha gran cantidade de pezas escritas para voz e piano, nas que os compositores desta terra empregaron textos de poetas da talla de Rosalía de Castro ou Curros Enríquez, entre outros, para estas composicións.

Neste concerto, podedes gozar da lectura destes poemas exquisitos, xunto coa música de Juan Montes, Antonio Paz Valverde, Andrés Gaos, Carlos M. Cambeiro e José Castro “Chané” arranxada para clarinete e piano pola clarinetista Marta Sancho.

Os teus ollos (José Castro “Chané) Poema: Curros Enríquez

Gaiteriño pasa (José Castro “Chané”) Poema: J. N. Aramburu

Cantiga (unha noite) (José Castro “Chané”) Poema: Curros Enríquez

Romance a un amor de lonxe (Antonio Paz Valverde) Poema: Eduardo Blanco Amor

Miña nai, miña velliña (Carlos M. Cambeiro) Poema: Manoel Cambeiro

As lixeiras anduriñas (Juan Montes) Poema: Salvador Golpe

Doce sono (Juan Montes) Poema: Rosalía de Castro

Negra sombra (Juan Montes) Poema: Rosalía de Castro

Lonxe da terriña (Juan Montes) Poema: Aureliano José Pereira

Unha noite na eira do trigo (Juan Montes) Poema: Curros Enríquez

O pensar do labrego (Juan Montes) Poema: Aureliano José Pereira

Rosa de abril (Andrés Gaos) Poema: Rosalía de Castro

 

BANDCAMP

SOUNDCLOUD

Músicos