Nelson Quinteiro e a Banda Gharbo!

NELSON QUINTEIRO!

Cangas. 1979.

Cantante, actor, bailarín, guionista e director de escena.

No ano 2012 leva adiante a co-producción GHARBO! co Centro Coreográfico Galego.

Ten creado e dirixido 8 edicións do Festival Galego de Cabaré, unha mostra única de música, teatro e danza na Península, a mais recente foi celebrada en setembro de 2014 tendo como epicentro o Teatro Colón da Coruña.

Dirixe dende o ano 2006 a Compañía Femme Fatale de teatro de rúa e cabaré, creando espectáculos como “As Nenas Perdidas”, “Unha cadeira para mover o mundo”, “Cabaréncrise”, “Brancas. Itinerario escénico urbano”, Master Class Cabaret, etc...

Na actualidade dirixe o Colectivo Femme Fatale de cabaré e teatro de rúa, estreando os espectáculos "Azul. Manifesto Vangardiat"; "Vodevil" e "Babel. Canto de Sereas".

Como cantante destaca como patrón do grupo Cabesa de Pau ou grumete de grupos como Liñaceira ou Maghúa Pandereteiros.

Como vocalista crea espectáculos como "As Mans Perdidas", "Danza e Contradanza" ou "Gharbo!".

Despois dun proxecto de crowdfunding a principios do 2013 entra en fase de gravación nos estudios da Fundación SGAE de Santiago de Compostela, da man de Gerardo Amigo e acompañado dunha serie de músicos e colaboradores de cara a gravar o que é xa o disco "Orquesta Gharbo!, un disco de fusión onde a música de raíz galega mestúrase cun sinfín de estilos, e que se edita por medio de Inquedanzas Sonoras a principios de 2014 e é lanzado dende o Teatro Colón da Coruña o 7 de febreiro de 2014.

Acompañado de artistas como Álex Lorenzo, Fran Castro, Pulpiño Viascón, Eduardo Méndez "Dubi", Silvia Penide Ou Xandre Outeiro conformaron un disco que está a sorprender a propios e estranos. Música tradicional galega con influencias do mundo; sonoridades pop, pasando por temas con arranxos de música mediterránea, tango, música trovadoresca, Angola ou Cabo Verde, Portugal, Euskadi. O barrio de San Pedro en Santiago de Compostela, Cangas do Morrazo, A Coruña, o Mar do Orzán.

ORQUESTA GHARBO! é o nome deste traballo con prólogo de Diego Ameixeiras e definido como unha viaxe arredor do mundo.

En palabras de Alfredo Ferreiro presenta un directo: "vibrante, evocador, tradicional e moderno, e de tal modo fresco que a música armenia ou da parte do mundo que fose resultaba harmoniosamente fundida en pezas de grande sensibilidade galega. Galega e inconmesurabelmente universal."

En palabras de Miguel Ángel Espigares, do canle "Otras músicas" de Granada trátase de "un trabajo lleno de matices y que recoge perfectamente las fusiones más exuberantes y comprometidas de un músico espléndido y que dará mucho que hablar en los próximos años".

En palabras de Fernando Íñiguez (Tarataña, Radio3 RNE) o disco ten "mucha enjundia" e resulta "conmovedor por la forma de ver su recreación del el folklore de su tierra, de Galicia, pero mezclándolo con otras culturas o lugares mucho más lejanos".

Músicos