Preguntas frequentes respondidas

Asociación

Como podo facerme socio da asociación Músicos ao Vivo?

Tes que rexistrarte na web e clicar en "Faite Socio". Deberás seguir as instrucións da web.

Cal é a custe de facerse socio da asociación?

O custe da cota anual (ano natural) é de 30€.

Que vantaxes ten facerse socio da asociación Músicos ao Vivo?

A principal vantaxe é que estarás axudando ao fortalecemento do tecido de músicos en Galicia. Poderás participar con voz e voto nas asembleas de Músicos ao Vivo, na fase de votacións dos Premios Martín Códax da Música, aproveitar o perfil público da nova web e a axenda de concertos, gozar de descontos en cursos e convenios organizados pola asociación, etc.

Cooperativa

Como podo facerme socio de Músicos ao Vivo S. Coop. Galega?

Tes que rexistrarte na web e clicar en "Faite Socio". Deberás seguir as instrucións da web para os socios cooperativistas. Cumprimentarás os teus datos e así poderemos xerar automaticamente os documentos que terás que aportar.

Cal é o custe de facerse socio da cooperativa?

A cota anual é de 80€ (ano natural). Ademais disto terás que satisfacer a achega de capital á cooperativa (50€ unha soa vez).

Os socios da cooperativa teñen cuberta a responsabilidade civil nas súas actuacións?

Si, sempre que facturen a través de  Músicos ao Vivo S. Coop. Galega.
Músicos ao Vivo ten contratada unha póliza de Responsabilidade Civil que cobre as actuacións dos grupos que facturen a través da cooperativa en España e Portugal.
 

Que teño que facer se teño unha actuación e non sei o importe da factura (ou non teño os datos da empresa)?

Tes que enviar un email a facturacion@musicosaovivo.com para comunicarnos o día da actuación, de forma que podamos darte de alta na seguridade social ese día. Logo, cando saibas o importe para facturar (ou teñas os datos da empresa), tes que facer a solicitude de factura a través da zona socios da web www.musicosaovivo.com cos datos que faltaban para poder facer a factura.

Que teño que facer para recibir asesoramento en materia fiscal, laboral ou xurídica?

Hai que encher e enviar o formulario que se atopa no menú  "contacto" da web. En breve terás unha resposta ou ben remitirémoste aos nosos asesores. A consulta permite aos socios de  Músicos ao Vivo recibir asesoramento profesional, de maneira totalmente gratuíta, a nivel consultivo. Con todo, non cobre xestións, informes escritos nin calquera outro tipo de procedemento. 

Que hai que facer para anular unha factura?

Debes avisarnos a través do email a facturacion@musicosaovivo.com ou dos teléfonos da asociación o antes posible, para poder anular a alta relacionada con esa factura.

Que temos que facer se imos actuar nun país extranxeiro?

Os músicos que vaian actuar a un país estranxeiro deberán facilitarnos os datos seguintes, como mínimo unha semana antes da actuación. Iso permitiranos tramitar o impreso A1 para convalidar a Seguridade Social española coa do país onde se actúe e asinar o contrato correspondente. Necesitamos saber:
- data ou datas da actuación
- nome completo da sala, teatro, auditorio, etc.e a súa dirección exacta.
 

Pode un técnico de son facturar a través de Músicos ao Vivo S. Coop. Galega?

Non. O servizo de facturación só se pode aplicar a profesionais que poden ser dados de alta no Réxime especial de Artistas da Seguridade Social, é dicir, músicos, cantantes ou artistas. Os técnicos de son, en cambio, deben ser contratados mediante contrato fixo ou a tempo parcial, e deben darse de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social.

Poden os dj´s facturar a través da cooperativa?

Non. O servizo de facturación só pode aplicarse a profesionais susceptibles de ser dados de alta no Regimen Especial de Artistas da Seguridade Social, é dicir, músicos, cantantes ou artistas. Os dj's pertencen ao sector da hostelería (servizos complementarios) e deben ser contratados mediante contrato fixo, ou a tempo parcial, e deben ser dados de alta no Regimen Xeral da Seguridade Social.

Pode facer a cooperativa unha factura con data anterior ao día na que se solicitou?

Non. No Réxime Xeral da Seguridade Social, cada factura debe ir acompañada obrigatoriamente da alta correspondente ao dia da actuación. Como é lóxico, non podemos dar de alta a un músico o dia da actuación con efecto retroactivo. Así pois, hai que pedir sempre as facturas cuns días de anticipación respecto da data da actuación.

Podo actuar se estou cobrando a prestación por desemprego?

Si, pero debes avisar á túa oficina do INEM antes da actuación. Eles diranche que documentación debes presentar para poder descontar do paro o día ou días en que traballes. Estes días engadiranse ao final do período de subsidio. Normalmente, pediranche un certificado de empresa en que se especifique os días que traballaches e que fuches dado de alta e de baixa no Regimen especial de Artistas. Este certificado debes pedilo a MÚSICOS AO VIVO S. COOP. GALEGA que cho enviará por email ou presentará telematicamente o documento ao INEM.

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro