INFORMACIÓN DA COOPERATIVA

Información

imaxe do usuario Manuel Antonio Alonso Iglesias
14 Agosto 2018

SERVIZOS
- Xestión da contratación e facturación das actuacións dos músicos-socios adscritos ao Réxime Xeral da Seguridade Social (Réxime Especial integrado de Artistas da Seguridade Social, cotizando por actuación, por xornadas completas).
- Xestión da contratación a nivel local, autonómico, nacional e internacional.
- Asesoramento laboral e legal.
- Elaboración de orzamentos e facturas proforma.
- Seguro de responsabilidade civil.
- Prevención en riscos laborais.
- Confección e sinatura de contratos mercantiles, artísticos, públicos e privados.
- Prestación de servizos de formación, educación e ensinanza relativos á mellora en coñecementos musicais

VANTAXES
- Seguridade: O músico mantén a consideración de traballador por conta allea, co cal queda libre de calquera responsabilidade laboral ou fiscal derivada da xestión das súas actuacións.
- Economía: Os custes da xestión están axustados ao máximo, dentro do estrito cumprimento da normativa legal
- Comodidade: O músico queda exento de calquera tarefa administrativa. Únicamente deberá solicitar as facturas e, no seu caso, presentar o certificado de ingresos para declarar a renda.

CÓMO FUNCIONA?
A operativa levarase a cabo a través do novo portal web, solicitando o procedemento de facturación con antelación ao día de realización da actividade (é recomendable solicitar a factura cunha marxe de polo menos dous días hábiles). O músico-socio facilitará os datos do cliente e da propia actividade.
A cooperativa encargarase de practicar as altas na S.S. do socio e de liquidar as cotas á Seguridade Social. Tamén reterá a porcentaxe correspondente do IRPF (15%) e efectuará o seu ingreso. Emitirá a factura e fará o seguemento de cobro da mesma.
Entregarase a correspondente certificación de salarios e retencións ao finalizar o exercicio.

COSTE DO SERVIZO
Para ser socio cooperativista tes que solicitar a admisión na cooperativa. Podes acceder ao procedemento e documentos rexistrándote na web e clicando en "Faite Socio".
Terás que facer efectiva a achega de capital á cooperativa (50€) e a cota anual (80€). Pola xestión de facturación cobrarase un 4% sobre a base de cada factura cun mínimo de 10€ (para as altas na cooperativa efectivas nos últimos 4 meses do ano haberá un desconto especial).
Para facturación no estranxeiro cobraranse suplementos por músico (consultar).
 

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro