HISTORIA E OBXECTIVOS DA ASOCIACIÓN

Historia e Obxectivos

imaxe do usuario Manuel Antonio Alonso Iglesias
14 Agosto 2018

Músicas Ao Vivo nace no ano 2008 co obxectivo de agrupar e unificar as inquietudes dos músicos/as de directo, e como plataforma de intercambio de información e opinión. Pretende ser un lugar onde todos os músicos/as teñan cabida e así posuír unha voz común deste colectivo. A filosofía desta asociación baséase en dignificar a música en directo e o traballo dos músicos/as que a levan a cabo.


Músicas ao Vivo está xa asentada como asociación de músicos/as en Galicia e como entidade de referencia na defensa dos dereitos do colectivo.


Como obxectivos principais podemos apuntar:
-    Representar ao colectivo de músicos/as
-    Dignificar a profesión de músico/a
-    Fomentar a conciencia social dos músicos/as galegos
-    Defender os intereses dos asociados e do colectivo
-    Visualizar e dar a coñecer a música galega


O punto de inflexión da asociación prodúcese en xuño do 2010, cando Músicas ao Vivo presenta o seu Plan de Desenvolvemento co apoio de AIE. Este plan baseábase en tres alicerces fundamentais:
-    Impulsar o Plan de Regularización Laboral en Galicia
-    Desenvolvemento propio dun portal web, punto de encontro e oficina virtual da asociación
-    Dotación dun traballador a media xornada para a atención de servizos e consultas


Tras o éxito destas iniciativas, auméntanse paulatinamente as actividades e servizos da asociación en función da demanda directa de socios/as e músicos/as.


Deste xeito nacen as charlas formativas, as publicacións didácticas, convenios con asesores xurídicos, presenza en feiras, creación de seccións locais, etc.

Cabe destacar que a partires de 2018, por acordo refrendado en asemblea xeral, a asociación modifica o seu nome polo de "Músicas ao Vivo". A proposta de cambio de nome é unha proposta da nova xunta directiva xustificado na necesidade de mostrar unha visión feminista dende a asociación ademais de facer  referencia tamén as propias músicas como tal, que son as que nos unen a todas os/as músicos/as.


O apoio social foi da man do desenvolvemento da propia asociación, chegando nestes momentos a preto dos 500 socios/as. 
 

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro