imaxe da nova
Actualidade

O músico Valtonyc condenado a prisión

imaxe do usuario Xestor Xestor
22 Febreiro 2018

Comeza a ser preocupante a cantidade de sentencias e actuacións xudiciais ao respecto da liberdade de expresión que estamos a padecer nestes tempos. Onte coñecimos a condena de tres anos e medio de cárcere ao rapeiro balear Valtonyc por inxurias ao Rei e enaltecimento do terrorismo, nunhas letras de cancións escritas cando tiña 18 anos. Esta sentencia implica o inmediato ingreso en prisión. Por outro lado, ordénase o secuestro dun libro (Fariña, de Nacho Carretero), que leva tres anos no mercado, por falar de feitos documentados e probados que implican a un excalde do Grove. 

Pablo Hasel, La Insurgencia, e agora Valtonyc. Desde MAV, amosamos unha vez máis o noso rechazo ante esta ofensiva xudicial que afecta á liberdade de expresión artística con penas e decisións de extrema dureza. Esperamos que o Tribunal Constitucional poña as cousas no seu sitio. Mentres tanto, varios rapaces, por escribir cancións, estarán no cárcere. 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro