imaxe da nova
Contratos

Volve a música cavernícola

imaxe do usuario Xestor Xestor
3 abril 2014

Existe un elevado número de estudosos que consideran que dende a aparición do ser humano no mundo, independentemente do lugar do seu hábitat, o fenómeno sonoro puido ter cabida na súa capacidade comunicativa.

O estudo dos xacementos e a aplicación de métodos de etnomusicoloxía a tribos con estadios de  evolución similares aos prehistóricos foron fontes de información que permitiron aos investigadores barallar varias teorías sobre a aparición da música asociada ao ser humano.

A música puido ter sido un elemento de comunicación asociado á linguaxe, segundo formulan as coñecidas teorías logoxénicas.

A ausencia de fontes de información durante os primeiros milenios da historia da humanidade leva a que neste achegamento musical se manexen sobre todo hipóteses.

Só algunhas persoas afortunadas puideron gozar neste mes dos tres únicos concertos que deu a Orquestra Nacional de Francia, nos que se empregaron instrumentos datados no anos 8.000 antes de Cristo coñecidos como litófonos (unha especie de xilófono elaborado con pezas de pedra que se golpean con mazos)

Miles de anos despois de que resoaran nas covas, os expertos del Museo de Historia Natural de París quixeron desempoalos para que "o home moderno coñeza os seus sons ancestrais".

Despois da súa aparición en escena, as 23 pedras antigas que se utilizarán serán embaladas de novo. Os expertos do museo explicaron que "non se volverán a utilizar nunca máis nun futuro". "Este será o seu último concerto por razóns éticas, para non danar o patrimonio cultural" avisaron.

Durante o concerto interpretouse a obra chamada Paleomusique, escrita polo compositor clásico Philippe Fenelon, coa que pretende "mostrar o son metálico dos minerais e o eco dos instrumentos de máis alá dos tempos rexistrados". "O punto é poñer de relevo o lado musical dos antepasados do home que, a miúdo, é eclipsado pola pintura ou pola destreza á hora de fabricar ferramentas",  explicou o científico Erik Gonthier aos medios franceses. Neste sentido, defendeu "o forte vínculo entre a música e as artes visuais que existía nas covas prehistóricas.

Estes instrumentos musicais foron descubertos na súa maioría por soldados estacionados na antiga África francesa nas primeiras colonias do século XX e, durante moito tempo, creuse que se trataba de utensilios para a vida cotiá dos primeiros humanos. Isto débese a que están datados nun período coñecido como a Nova Idade de Pedra, que se caracteriza polo uso humano das ferramentas de pedra, a cerámica, o progreso da agricultura e a domesticación de animais.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información