imaxe da nova
Contratos

Os instrumentos voan con nós

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 maio 2013

Parece que as noites en vela que preceden a unha viaxe en avión co noso instrumento poden desaparecer. É posible que os ataques de angustia nas colas de embarque toquen ó seu fin. Será verdade que por fin poderemos viaxar co noso instrumento máis querido, e non co de “batalla” por aquilo de perdelo, ou velo feito anacos? Deixaremos de escoitar as sentencias surrealistas do persoal de embarque para referirse á imposibilidade de introducir o noso instrumento na cabina?

Saíu á luz nestes días unha boa nova, que se ben aínda non é definitiva, si bota un pouco de luz sobre todas estas cuestións introdutorias. Grazas ó traballo das redes sociais e á Federación Internacional de Músicos, conseguíronse case 50.000 sinaturas que permitiron revisar a normativa. A cuestión radica en que os instrumentos musicais sexan aceptados como equipaxe de man independentemente das súas dimensións. Resulta obvio que haberá determinados instrumentos que seguirán sen viaxar na cabina, pero poderemos acabar dunha vez por todas coa arbitrariedade que supón estar no limbo da legalidade, e deixaremos de estar ó antollo do xefe de cabina de quenda. Sen dúbida, un paso importante, que seguiremos de preto, pola parte que nos toca. Parabéns!!

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información